Feijóo chama a «estar a altura das circunstancias»

O deputado popular e presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, prometeu «cumprir» co seu deber e manifestou o seu desexo de que, nesta lexislatura, «todos estean á altura das circunstancias» de acordo cun pobo «esforzado» como o galego, que vive «unha situación complexa» ao igual «que o resto de España».
Nun escenario de crise económica, tras a sesión constitutiva do novo arco parlamentario do Pazo do Hórreo, Núñez Feijóo manifestou, en declaracións a Europa Press, que esta lexislatura esixe «máis responsabilidade que nunca e máis cumprimento do deber e defensa dos intereses xerais que nunca».
Así as cousas, fixo fincapé no seu desexo de que todas as formacións «cumpran co seu deber» e garantiu que tanto el como o resto de integrantes do Grupo Parlamentario Popular actuarán de acordo con esta premisa no novo mandato.
«Defender os intereses xerais e traballar polos máis débiles, polos que menos teñen e polo crecemento vai ser o obxectivo fundamental», sentenciou Núñez Feijóo, que reeditará o seu mandato tras lograr ampliar a súa maioría de 38 a 41 deputados na cita coas urnas do pasado 21 de outubro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar