A Fundación Galega contra o Narcotráfico entregará este venres en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) os premios ‘Nécora de Ouro 2012’ á Asociación Alborada de Vigo, ao xornalista experto en narcotráfico Julio Álvarez Fariñas e ao actual xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias Fernández.
Os galardóns serán entregados no transcurso da Gala Anual da entidade que se celebrará no Auditorio de Vilagarcía de Arousa a partir das 20.30 horas.
No plano artístico, a gala, aberta ao público e de entrada gratuíta, contará coa actuación do Coro Liceo de Vilagarcía, que ofrecerá “un variado repertorio baseado en pezas do folclore do mundo, coa calidade e éxito de público que adoita ofrecer esta agrupación”, segundo explica a organización.
O evento contará coa asistencia de destacadas personalidades da vida política e social de Galicia. Entre as autoridades invitadas espera a asistencia, segundo sinala a fundación, do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o conselleiro de Presidencia en funcións, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ademais dos alcaldes de Vilagarcía e outras localidades da bisbarra, xunto a diversos representantes do ámbito xudicial e altos mandos da loita contra o narcotráfico do ámbito estatal e autonómico.
Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar