Herman Koch recibe o IX Premio de Novela Europea Casino de Santiago

Ubaldo Rueda, o escritor e a sua esposa, Ángel Curras e Alfonso Cabaleiro

 

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Casino de Santiago á entrega do IX Premio de Novela Europea ao escritor Herman Koch.

O escritor holandés recibiu o galardón concedido pola súa obra La cena. A novela xa foi traducida ao galego pola Editorial Galaxia no marco do convenio que a editorial ten co Concello de Santiago.

A NOVELA

¿Ata onde é capaz de chegar un pai para encubrir a un fillo que comete un delito injustificable? Debe prevalecer o instinto de protección paterna, ou a lealdade a unhas normas sociais que garanten a coherencia e a fortaleza do grupo? Estas e outras preguntas de igual calibre xorden como dardos durante a lectura da novela aceda e provocadora que apunta sen miramentos a toda unha clase social acomodada dos Países Baixos e, por extensión, de toda Europa, instalada nunha inercia de autosatisfacción e compracencia, e indiferente cara ao devir da xeración que ha de sucedela.

Dúas parellas citáronse a cear nun moderno e exclusivo restaurante de Ámsterdam. Mentres saborean o aperitivo e charlan con aparente despreocupación sobre a última película de moda e os seus plans para as vacacións, son conscientes de que, tarde ou cedo, deberán abordar o incerto e acuciante asunto que os levou a reunirse: o futuro de Michel e Rick, os seus fillos de quince anos, que segundo algúns indicios poderían estar envoltos nun caso de violencia grave. Así pois, tralas sobremesas, cando a cea chegue aos seus últimos compases, a tensión entre os comensais alcanzaría o seu punto culminante e a cadea de segredos e revelacións confluirán nun final dramático no que ninguén poderá esgrimir a súa inocencia.

Tras acadar un éxito inmediato e irresistible en Holanda —copou as listas de bestsellers, e xa vendeu máis de 340 mil exemplares—, «A cea gañou» o Premio do Público e foi declarado Libro do Ano 2009.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar