Falece nun choque entre un turismo e un tractor en Taboada

 

   Un home de 77 anos de idade faleceu este xoves no choque entre un tractor e un turismo no municipio lucense de Taboada, informou o 061.

O accidente aconteceu ás 18.55 horas, na estrada de saída de Taboada cara a Ada e sucedeu, ao parecer, porque o tractor embestiu por detrás ao utilitario.

Ao lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial e unha medicalizada, así como persoal sanitario do punto de atención continuada (PAC) de Guntín. Alí foi atendida unha persoa, que finalmente faleceu. Trátase dun home, H.F.F., de 77 anos de idade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar