Abre a Bienal de Fotografía de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación da exposición

 

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da exposición das obras seleccionadas na IX edición do Premio Bienal de Fotografía Purificación García. Os premiados desta edición son: Regina de Miguel (primeiro premio, dotado con 15.000 euros), Jaime de la Jara (segundo premio, dotado con 12.000 euros) e Zoe T. Vizcaíno (terceiro premio, dotado con 10.000 euros). En total, presentáronse a concurso 900 obras das que 17 foron seleccionadas para a mostra.

No acto de presentación, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou que esta exposición “reflicte os valores que Purificación García amosa na súa empresa e na súa traxectoria profesional, como son o compromiso, a competitividade, a calidade e a creatividade”, e engadiu que dende a Deputación de Ourense “convidamos a todos os ourensáns e visitantes a gozar con esta mostra que trae a Ourense as últimas tendencias no arte da fotografía”. Pola súa banda, Purificación García dixo sentirse especialmente leda de que esta exposición “se faga en Ourense, sede da nosa empresa” e afirmou que seguirá apostando “por manter a continuidade da mostra para seguir apoiando a creadores e artistas”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar