A Xunta activa o plan de inverno nos 5.500 quilómetros das estradas autonómicas

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de activar o Plan de Vialidade Invernal 2012-2013, co que se garantirán as condicións de circulación en case 5.500 (5.454) quilómetros da rede autonómica de estradas. Este plan estará operativo ata o 30 de abril de 2013.

Segundo explicou o conselleiro Agustín Hernández durante a súa visita ao Centro de Vialidade Invernal de Ordes, o plan operativo permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos que a meteoroloxía xera no período invernal. As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos, as preventivas que permiten anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir; e as paliativas que garanten a vialidade e intentan incrementar a seguridade nas estradas en condicións adversas. Este operativo da Xunta de Galicia implica un investimento de 4 millóns de euros.

 

 

Da rede autonómica total, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten identificadas as vías máis susceptibles de ter problemas de neve. En total suman 965 quilómetros distribuídas do seguinte xeito:

PROVINCIA

TREITOS CUN MAIOR RISCO DE NEVE (KM)

LONXITUDE TOTAL EN SERVIZO (KM)

A CORUÑA
19
1.696,68
LUGO
379
1.453,00
OURENSE
453
1.021,72
PONTEVEDRA
114
1.282,73
TOTAL
965
5.454,13

O plan de vialidade implica a posta a disposición de diferentes medios en cada provincia, como os materiais (centros operativos, reservas de fundentes –sal ou salmoira- e maquinaria) e medios humanos.

A aplicación destes medios levarase a cabo a través dos axentes dos servizos de infraestruturas de cada provincia, contratos de conservación integral e das vías de alta capacidade. Isto implica a posta en marcha de 25 centros operativos, 59 reservas fundentes, 166 máquinas e accesorios e 436 persoas (técnicos e persoal de estradas).

En definitiva, trátase cumprir co obxecto de mellorar as condicións de vialidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve. Cando aparece xeo ou neve nas estradas o principal problema para a condución é a perda de agarre dos vehículos, o que pode provocar deslizamentos, perdas de control, e, como última consecuencia, un accidente.

Nas seguintes táboas indícanse as reservas de fundentes e de maquinaria, así como a distribución do persoal, que estarán operativas nas catro provincias:

Reservas fundentes

A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
TOTAL
Acopio de fundentes
11
4
6
8
29
Silos de sal
1
11
9
1
22
Planta de salmoiras
2
4
1
1
8
Maquinaria
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
TOTAL
Camións
11
18
14
10
53
Pick-up
2
3
5
Retros
3
4
3
5
15
Cuñas
2
10
1
3
16
Folla
9
8
8
5
30
Esparexedor de sal
11
14
8
8
41
Estendedora de salmoira
0
4
2
0
6
Persoal

SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS

CONSERVACIÓN INTEGRAL

CONCESIONARIAS DAS VÍAS DE ALTAS PRESTACIÓNS

TOTAL
A CORUÑA
22
50
36
108
LUGO
42
80
122
OURENSE
36
45
10
91
PONTEVEDRA
38
59
18
115
TOTAL
138
234
64
436
 Protocolo de actuación
A Xunta de Galicia ten establecido un protocolo de actuación en función das condicións meteorolóxicas nas que se atope a Comunidade Galega.

En situación normal, aínda que non haxa previsión de xeadas ou de neve, manterase unha constante vixilancia do tempo, consultando os partes e previsións meteorolóxicas emitidos pola propia Xunta de Galicia e por outros medios. A análise anterior compleméntase co percorrido diario das estradas, detectando calquera incidencia que se poida producir. Esta detección é posible grazas ao persoal da Consellería, persoal das empresas contratadas para a conservación integral, persoal das concesionarias das Vías de Alta Capacidade, complementada coa colaboración da Garda civil, de Protección civil, e dos cidadáns en xeral.

Ante a previsión de xeadas ou temperaturas baixas aplicaranse tratamentos preventivos, tales como o esparexemento de fundentes nos treitos nos que se prevexa a aparición de placas de xeo, mantendo un especial control en zonas problemáticas.

Cando se detecte a existencia de placas de xeo nalgunha estrada complementarase o tratamento anterior co esparexemento de fundentes, esta vez con dotacións máis altas.

Ante unha previsión de nevadas levaráse a cabo o esparexemento de sal ou salmoira nos tramos nos que se prevexa a aparición de neve, mantendo un control destas zonas problemáticas e preparando os equipos con cuñas ou follas quitaneves, por se fose necesaria a súa intervención.

En caso de presenza de neve na calzada procederase ao paso da coitela quitaneves e á inmediata extensión de fundentes. Realizando posteriormente un control intenso das estradas afectadas por si fose necesario realizar sucesivas aplicacións destas medidas. Como medida complementaria farase unha vixilancia especial do resto das estradas, sobre todo as que estean máis próximas a aquelas nas que apareceu a neve, para aplicar os tratamentos anteriores nos casos que se estime oportuno.

Respecto ao tipo de fundentes a usar, o principal é o sal que se emprega cando as temperaturas son superiores a -5ºC e tamén se usa, cando as estradas están secas, a salmoira (solución de sal e auga), contando neste momento cunha reserva de preto de 5.000 toneladas de fundentes para esta tempada que poden chegar a 9.000 en función das condicións meteorolóxicas. Para temperaturas inferiores a -5ºC é máis recomendable empregar mesturas de cloruro sódico con cloruro cálcico, ou soamente cloruro cálcico.

Información permanente
A Consellería de Medio Ambiente anima aos usuarios que realicen algún desplazamento a informarse da situación das estradas a través dos medios habituais (en internet, navegando a través das páxinas web da DGT para coñecer a situación do tráfico (www.dgt.es) e consultando as condicións meteorolóxicas no portal de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e da Axencia estatal de meteoroloxía (www.inm.es)).

Grazas a este plan a Xunta terá un perfecto coñecemento dos problemas que podan xurdir en épocas de inclemencias meteorolóxicas, o que permitirá a toma de decisións máis axeitadas para cada situación a tempo, e conseguirá dar a solucións aos problemas e á eliminación de riscos nas estradas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar