O seguemento da convocatoria na Administración galega é do 25 %

 


O seguimento da folga xeral  na Administración xeral da Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes rolda o 25 por cento e os servizos mínimos estanse a cumprir con normalidade na súa totalidade, segundo datos recollidos ás 10 horas de esta mañá.

Segundo os datos recollidos pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, a porcentaxe media de participación na folga nas distintas consellerías da Xunta e nos seus centros dependentes elevouse ao 25,04 por cento, sendo concretamente do 23,98 por cento no ámbito da Administración xeral e do 27,97 por cento nos organismos dependentes das distintas consellerías.

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde informa de que a folga convocada polas organizacións sindicais é secundada nos centros asistenciais do Sergas por un 20,07 por cento do total de convocados. En canto aos servizos centrais da Consellería e estruturas periféricas, o seguimento é do 20,87 por cento. A Administración sanitaria destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do cen por cen.

No ámbito da Administración de Xustiza, a participación na folga é do 27,53 por cento e, ao igual que no resto de ámbitos, cumpríronse na súa totalidade os servizos mínimos. No ámbito docente, a porcentaxe de participantes na folga foi do 18,62 por cento do persoal e os servizos mínimos tamén se cumpriron na súa totalidade.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar