A protesta central reuníu en Vigo a entre 20 mil e 150 mil manifestantes

A manifestación central convocada en Galicia por UGT, CC.OO. e CIG con motivo da folga xeral deste mércores reuniu nas rúas de Vigo contou cunha nutrida participación que segundo os sindicatos se tería situado en  150.000 persoas. A Policía Local aportou o dato de 125 mil asistentes, pero a cuantificación podería ser parcial na medida en que o alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, participou na marcha. Estimacións periodísticas debidamente contrastadas sitúan o número de participantes en 20 mil.

A marcha ía encabezada por unha pancarta co lema ‘Pola industria e o emprego’ e dirixiuse á Praza de América, onde se procedeu á lectura dun manifesto, entre consignas contra o Goberno de Mariano Rajoy.

A protesta central en Galicia contou coa pesenza do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez; do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e de deputados electos de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), arrincou pouco antes das 12.00 da Praza de España.

No entanto, cando o acto xa concluíra sobre as 13.15 horas, aínda había manifestantes que non puideran saír do punto de arranque da protesta pola elevada participación, unha das máis multitudinarias que se recordan na cidade, segundo resaltaron os sindicatos.

Ademais dos líderes dos sindicatos UGT, CC.OO. e CIG, esta manifestación tamén contou coa asistencia do alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballlero, entre outros.

 

SEGUEMENTO

 

Os sindicatos elevaron a participación en Galicia ao 90 por cento nas principais vilas e cidades galegas, segundo os datos solicitados ás 9.00 horas nas grandes empresas industriais e de servizos.

Así, aseguran que hai un cen por cento de participación na folga nos servizos de recolleita de lixos e limpeza viaria e no sector naval, mentres que sitúan o seguimiento no 95 por cento en transportes públicos e nos portos e aeroportos; e no 90 por cento na automoción e o sector químico.

Pola súa banda, sitúan a participación na folga nun 85 por cento na construción e nun 80 por cento nos sectores agroalimentario, conservero e textil. No área industrial, a produción da planta de PSA Peugeot-Citroën en Vigo permanece paralizada, mentres que os sindicatos destacan tamén a elevada incidencia do paro en Zara Logística e en Televés.

Ademais, CC.OO., UGT e CIG, que nesta ocasión retomaron a convocatoria conxunta de actos, aseguraron que o consumo eléctrico rexistrado durante as primeiras horas do paro mostra que a demanda caeu un 8,15 por cento respecto ao mércores da semana pasada.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar