O IPC de Galicia sitúase no 3,3 %, duas décimas menos que o nacional

A taxa interanual do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) situouse o pasado mes de outubro no 3,3% en Galicia, dúas décimas por debaixo da media española, onde a taxa foi do 3,5%, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Pola súa banda, con respecto ao mes anterior, os prezos subiron un 1,1%,tres décimas máis que no conxunto do Estado (0,8%).

Na evolución por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en outubro en Galicia foron os de ‘Vivenda’ (-0,8%), e ‘Transporte’ (-0,7%). Por outro lado, os apartados que presentaron unha maior suba dos prezos foron os de ‘Vestido e calzado’ (11,8%) e ‘Ensino’ (3,4%).

En termos interanuais, o grupo ‘Comunicacións’ rexistrou un descenso do 1,8%. Pola contra, os que presentaron un maior incremento no período, foron ‘Medicina’ (8,9%), ‘Vivenda’ (7,0%), ‘Transporte’ (5,5%) e ‘Bebidas alcohólicas e tabaco’ (5,4%).

INDICES PROVINCIAIS

En relación cos índices provinciais, A Coruña e Pontevedra, foron as provincias que presentaron unha suba menos acusada dos prezos durante o mes de outubro, cun incremento do 1,0% e do 1,1% respectivamente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar