O presidente coñece os traballos de desbroce dos montes

A Xunta de Galicia realizou de media nos últimos catro anos tarefas de silvicultura e prevención de incendios en 59.533 hectáreas anuais. Así o comprobou o presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo durante a visita que realizou esta mañá coa conselleira do Medio Rural e do Mar en funcións, Rosa Quintana, ao monte Pedroso co obxecto de coñecer «in situ» os traballos de limpeza e desbroce. Núñez Feijóo quixo achegarse persoalmente a felicitar á ducia de brigadistas que se atopaban inmersos neste labor polo excelente traballo desenvolvido nos montes galegos ao longo do ano 2012.

En materia de prevención de incendios forestais, o presidente puido testar que a actual Xunta de Galicia está a facer “máis con menos” desde o comezo da lexislatura xa que este ano se aumentaron as accións de control da biomasa e do combustible forestal (vexetación) ata as 33.500 hectáreas (fronte ás 27.000 hectáreas do ano 2008) mellorando a xestión e utilización dos recursos dipoñibles.

Esta mellora na xestión permitiu manter e mesmo aumentar o esforzo noutro tipo de accións preventivas como o caso da apertura e mellora de pistas, construción e mellora de puntos de auga e vixilancia e adecuación de bases áreas. Así, este ano desenvolvéronse 16 liñas de actuación, que supoñen o dobre das que se melloraron en 2008.

AXUDAS A PARTICULARES

Tamén desde o comezo da lexislatura estase optimizando a xestión dos fondos destinados a particulares en materia de silvicultura e prevención de incendios. Con menos cartos estase actuando en máis superficie e son tamén máis os beneficiarios.

Así, como exemplo, no ano 2009 cun orzamento executado de 2,7 millóns houbo 300 beneficiarios e se actuou en 5.295 hectáreas. No 2011 con 2,4 millóns houbo un total de 322 beneficiarios e 6.688 hectáreas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar