Cortes nocturnos na Terceira Rolda na Coruña por labores de limpeza

A Xunta de Galicia levará a cabo a partir de hoxe luns, traballos de limpeza nos noiros de desmonte desde a glorieta do enlace da AC-552 coa Terceira Rolda de circunvalación ata a glorieta de enlace coas Rañas (ramal 25).

Desta forma, será necesario cortar o acceso en horario nocturno entre as 23.00 do luns e as 7.00 horas do martes, e prolongarase co mesmo horario ata a mañá do 15 de novembro.

Estes cortes que executa a Axencia Galega de Infraestruturas son necesarios para realizar a limpeza de noiros que solicita o concello antes de recibir a obra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar