Buscan por terra, mar e aire ao pescador desaparecido en Burela

Zoa costeira da Amarosa, en Burela

Medios aéreos, marítimos e terrestres continúan este luns a procura do pescador desaparecido o pasado sábado na zona costeira de Amarosa, en Burela.

Participan no rastrexo, que se centra na costa próxima a Burela, a embarcación de Salvamento ‘Salvamar Alioth’ e o avión ‘Serviola 303’, xunto á lancha de Cruz Vermella ‘Saturno’.

Mentres, por terra colaboran na procura efectivos de Protección Civil. No caso de que o rastrexo sexa infrutuoso durante a mañá, está previsto que o dispositivo siga pola tarde.

A alerta da desaparición deste pescador foi dada polos seus familiares o sábado ás 18.30 horas ante a súa ausencia. O home fora a pescar á praia de Amarosa, onde estaba aparcado o seu vehículo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar