O calendario do ‘corpo’ de bombeiros da Coruña xa está á venda

 

A asociación de bombeiros da Coruña presentou onte o seu cuarto calendario de espidos. Nesta ocasión o acto non veu acompañado dunha exhibición en directo do Corpo, coma en anos anteriores. O día frío de onte non se prestaba pra elo, con gran decepción das súas admiradoras.

A portada da publicación en calqueira caso, non deixa ningunha dúbida sobre o seu explícito contido. “Este ano habemos ter sorte, porque viñeron sete novos fichajes e no calendario saen catro de eles”, explicaba o presidente da asociación, Agustín Barreiro, “Hache”, que tamén aparece no calendario, na páxina dedicada ao mes de marzo. En total son doce imaxes nas que saen únicamente bombeiros en distintas localizaciones da cidade, a diferenza da edición anterior, na que se incluían escenas con mulleres e que xa se poden adquirir na páxina web www.bomberoscoruna.com. “A xente enviounos correos electrónicos nos que nos dicía que quería que volvésemos ao de antes”, comentaron.

Parte da recadación pola venda dos 3.000 exemplares será empregado para viaxar a Belfast en agosto para participar nas Olimpiadas de Policías e Bombeiros. O resto irá destinado a financiar as campañas da asociación, e unha pequena porcentaxe destinada a obras sociais. O que teñen claro todos e que: “Xa non podemos ensinar máis”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar