Rescatado dun tubo de canalización en Cambados

Un home duns 68 anos de idade foi rescatado a pasada noite do interior dun tubo de canalización no municipio de Cambados.

Segundo os datos facilitados polo 112, ás 23.07 horas recibiu o aviso de que había un varón de idade avanzada atascado nun tubo dunha canalización.

Por iso foron mobilizados o 061, Protección Civil de Cambados, a Garda Civil e os Bombeiros de Salnés, que indicaron que enviaron unha dotación ao lugar cuxos efectivos axudaron a saír do tubo ao home, que aparentemente estaba ebrio.

O 061 desprazou un médico de Atención Primaria e unha ambulancia asistencial, segundo sinalaron fontes sanitarias, que levou ao Hospital do Salnés ao varón, R.C.F., duns 68 anos de idade.

Esta non é a primeira vez, segundo sinalaron, que este home é atopado en similares circunstancias na zona. Ademais, estaba sendo buscado pola súa familia, aínda que no 112 non constaba ningún aviso de denuncia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar