Orozco, presidente do PSdeG, considera que o problema do partido “é grave”

José López Orozco, alcalde de Lugo e presidente do PSdeG-PSOE

O alcalde de Lugo e presidente do PSdeG, José Clemente López Orozco, cualificou de “intranscendente” a petición que trasladan críticos ao secretario xeral, Pachi Vázquez, de que se cre unha xunta xestora tralo Comité Nacional do sábado porque, segundo subliñou, o “problema” do partido “é moito máis grave”.

“O problema do partido socialista é un problema de xestora? Eu penso que non, é moito máis grave que todo iso. Debaterase. Eu xa digo que non me parece o fundamental”, afirmou Orozco.

“Pasou o que pasou e el recoñece a súa responsabilidade e di imos facer e conducir de novo este partido, pero con tranquilidade”, manifestou López Orozco en relación á o situación da formación tralos resultados dos comicios autonómicos.

Orozco, que anunciou que non poderá acudir ao Comité Nacional do PSdeG deste sábado por unha viaxe programada “anteriormente” a Zaragoza debido á voda dun amigo, recordou que fai dúas semanas dicíase que os socialistas tiñan “o mellor candidato do mundo mundial”.

Sobre a reunión deste sábado, considerou que “vai haber un debate importante sobre a situación do partido neste momento”. Na súa opinión, o debate que se produza ten que ser “sosegado”, onde, débese “establecer uns prazos que non deben ir máis aló da primavera do ano que vén”.

“CONDICIONADOS”

“E nestes prazos hai que ter en conta que o partido a nivel federal vai celebrar unha conferencia política importante que estivo condicionada polas eleccións autonómicas de Cataluña, o que provocou un atraso senón probablemente no mes de novembro íase a celebrar”, manifestou Orozco.

“Estamos un pouco condicionados por esa conferencia política que se vai a celebrar en Madrid e nós debemos de ter ese debate sosegado, onde debemos de entrar todos sen exclusión para estudar, debater, reflexionar sobre a situación do noso partido en Galicia”, considerou.

Así, tras esa conferencia política, Orozco afirmou que “debe de haber un congreso extraordinario, que se debe de ver reforzado por unha mensaxe clara, novedoso, de cambio que se produce nunha sociedade totalmente nova”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar