Air Berlin mantén 19 destinos europeos con Santiago na tempada de inverno

   A compañía Air Berlin manterá durante a tempada de inverno 2012-2013 as conexións dende o aeroporto de Santiago a 19 destinos europeos, algo que os seus responsables ven «todo un logro» en tempos de crise.

Así o anunciou este mércores Paul Verhagen, manager de Air Berlin para España e Portugal, quen recordou que durante o inverno o aeroporto de Lavacolla estará conectado diariamente co hub de Palma de Mallorca, dende onde, á súa vez, haberá conexións a 18 destinos europeos.

En concreto, os galegos, ademais da Palma, poderán voar a Salzburgo, Viena, Basel e Zurich e ás cidades alemás de Berlín, Colonia, desdean, Dusseldorf, Fankfurt, Hamburgo, Hannover, Leipzig, Munich, Münster, Nuremberg, Paderborn, Sarrebruck e Stuttgart.

Neste sentido, Paul Verhagen destacou a importancia de manter os voos dende e cara a Lavacolla durante a tempada de inverno e dado os «tempos que corren», en referencia á crise económica.

O senior vice president de Air Berlin para España e Portugal, Álvaro Middelmann, recordou que o hub de Palma é líder en cota de mercado e informou de que Air Berlín moveu o pasado ano uns 12 millóns de pasaxeiros España e Portugal. Para a tempada de inverno, a compañía aposta por España con 22 destinos e máis de 600 frecuencias.

Álvaro Middelmann tamén aproveitou para criticar a política aérea levada a cabo en Europa e reclamar o establecemento dun ceo único europeo, co que os avións, empregando a ruta máis curta entre dous puntos, poderían aforrar unha media do 12 por cento de tempo de voo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar