O BNG apoia a folga xeral do 14: «hai razóns máis que sobradas»

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ratificou o apoio da formación nacionalista á convocatoria de folga xeral prevista para o próximo día 14 de novembro –e que en Galicia convocan CIG, CC.OO. e UGT–, e argumentou que «hai razóns máis que sobradas» para secundala, ao tempo que «é preciso loitar» por un «cambio de rumbo».

En rolda de prensa, tras mostrar a súa «solidariedade» cos profesionais do diario ‘El País’ que empezan este martes xornadas de folga polos 149 despedimentos previstos, incidiu en que «as políticas do PP ditadas pola troika evidencian que son catastróficas» e «seguen o esquema de saquear o pobo para traspasar recursos» a minorías sociais.

«Un guión que nos conduce a aumentar as dificultades da maioría social, políticas sen alma, de corazón de pedra», lamentou Guillerme Vázquez, quen tamén se referiu aos sectores produtivos e á futura folga dos gandeiros do lácteo para advertir que está a «desaparecer entre a indolencia máis absoluta» do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar