Mellora a confianza dos consumidores por terceiro mes consecutivo

 

A confianza dos consumidores volveu a mellorar lixeiramente en outubro, co que suma tres meses ao alza desde o mínimo histórico do pasado mes de xullo, debido tanto á mellor valoración que os cidadáns teñen da súa situación actua,l como das súas expectativas a curto prazo -con alzas respectivas de 1,8 e 1,5 puntos nos seus indicadores-.

O Indicador de Confianza do Consumidor (ICC) difundido este luns polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), situouse en 44,8 puntos, 1,6 puntos máis que un mes antes, aínda que 19,3 puntos menos que no mesmo mes de 2011.

Segundo o sondeo que elabora o CIS, a maioría dos españois (56,8%) considera que a súa situación económica actual é peor que fai seis meses e o 46,4% asegura que chega xusto a final de mes.

O ICC recolle mensualmente a valoración da evolución recente e as expectativas dos consumidores españois relacioadas coa economía familiar e o emprego, co obxectivo de anticipar as súas decisións de consumo. O indicador recolle valores de entre ‘0 e 200’, considerándose que por encima de 100 a percepción é positiva e por baixo, negativa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar