Galicia ofrece a Brasil solucións de construcción naval

 

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda explica que a delegación
institucional encabezada por Feijóo que viaxa a Brasil xunto a empresarios do
sector naval pretende ofertar solucións a unha economía forte, como é a dese país,
e as suas explotacións petrolíferas poñendo a sua disposición os astalerios
galegos, ue no momento presente non teñen actividade interior pola caida do
conseumo nacional.

 

Alfonso Rueda respondía asi ás preguntas plantexadas polos xornalistas sobre a viaxe a Brasil durante un acto oficial de distinta natureza. O conselleiro ocúpase estes días de despachas os asuntos de Presidenia ata o regreso de Feijóo.

O presidente da Xunta viaxa a Brasil acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Javier
Guerra, que viaxará xunto a unha delegación de representantes de estaleiros
galegos coa fin de achegar as capacidades e tecnoloxía naval ao sector
empresarial brasileiro.

Entre os distintos encontros institucionais que manterá o presidente da
Xunta de Galicia nesta viaxe, destaca a reunión co gobernador do Estado de Río
de Janeiro, Sergio Cabral, co que estreitará lazos e se analizará oportunidades
de negocio entre ambos países, tanto no sector naval como noutros sectores
estratéxicos.

Cun enfoque fundamentalmente comercial, o presidente apoiará a misión que
levará a cabo Javier Guerra e unha representación de estaleiros galegos –
Navantia, Metal Ships, Freire, Vulcano e Barreras- que viaxan a Brasil para
ofrecer aos estaleiros do país suramericano e a grandes compañías de distintos
ámbitos, como o enerxético ou o navieiro, a capacidade produtiva, competitiva e
o coñecemento do sector naval galego, así como as súas posibilidades de
colaboración cun país cunha economía emerxente como é Brasil. Ademais, esta
misión permite dar continuidade e reforzar os contactos establecidos no ámbito
do sector naval na anterior viaxe do presidente no mes de xullo.

Nesta visita, estreitaranse lazos económicos e comerciais tamén coa fin de
atraer investimentos á comunidade galega e incrementar as exportacións das
empresas galegas ao país suramericano. Neste sentido, hai que ter en conta que
Brasil é un dos países que está a captar un maior interese dos empresarios e
emprendedores que apostan por saír ao exterior en busca de novos mercados, e xa
son varias as empresas que grazas ao apoio da Xunta, por medio da Rede Pexga,
están a implantarse no país carioca.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar