López Orozco ve en Besteiro «un bo candidato» para o liderar o PSOE galego

José López Orozco, alcalde de Lugo e presidente do PSdeG-PSOE

O alcalde de Lugo, o socialista José Clemente López Orozco, afirmou este venres que «animaría» o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a intentar liderar o PSdeG porque cre que é «un bo candidato», aínda que admitiu que, neste momento, lle preocupa máis «o discurso».

«Eu animaríalle porqué penso que é un bo candidato», manifestou o rexedor, con respecto ás posibilidades de Gómez Besteiro de ser o novo secretario xeral dos socialistas galegos, despois dun acto no cemiterio para render unha homenaxe aos lucenses falecidos. Non obstante, asegurou que, «neste momento», lle preocupa «máis» o «discurso».
«Iso é o que temos que resolver con tranquilidade, nunha conferencia política a nivel do partido federal e de Galicia, para cando teñamos un candidato ou candidata sexa crible e sexa capaz de darlle unha alternativa a esta dereita gobernante non solo en España senón en Europa. A socialdemocracia está desaparecida mesma a nivel europeo, e é moi necesaria», recalcou.
A xuízo do tamén presidente do PSdeG, o que se dirime no socialismo galego «non é unha cuestión nominalista, non é un cuestión de nomes, é máis unha cuestión de contidos porqué a xente non fixo caso»a os socialistas.
«O noso discurso non está actualizado. A dereita foi metendo pouco a pouco no seo da sociedade unha ideoloxía e a xente compra esa ideoloxía, que aínda que eu creo que é un erro hai que dicirllo á xente,» interpretou.
Por último, sinalou que, ao seu entender, debe ser a actual dirección galega a que «pilote» todo «o proceso ata o congreso extraordinario», con esa conferencia política no medio. Del congreso galego prognosticou que se celebrará «probablemente» antes do verán do próximo ano

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar