O Renault Twizy, principal reclamo da Salón do Automóbil de Pontevedra

O Renault Twizy preséntase como principal reclamo de Pomóvil, o Salón do Automóbil de Pontevedra, que esta tarde abrirá as súas portas ao público.

Agárdase una boa acollida polo público despois do esforzo dos concesionaronque tamén conseguiron en tempo record, acudir a Pomovil cos últimos modelos saídos ao mercado polas respectivas marcas.

Gestoso permitiranos coñecer en directo as prestaciones e vantaxes do coche eléctrico de Renault, o Twizy, un biplaza «confortable, eléctrico, enérxico e divertido. O coche do futuro na cidade, pola súa economía, polas súas dimensións, que che permite aparcar rápidamente». O concesesionaro tambén exhibirá en Pomovil a última versión do Clio, o Clio IV

Ademais anuncian extraordinarias ofertas, sobre todo para as operacións que se formalicen durante o certamen, porque queren aproveitar as axudas económicas do Plan Pive, que aprobou o Goberno central para renovar o parque móbil español; e ademais van manter un IVA por baixo do que entrou en vigor o pasado mes de setembro.

O Renault Twizy foi de novo o vehículo eléctrico máis vendido no mes de setembro en España. Outro Renault, o Kangoo ZE, foi líder tamén entre as furgonetas comerciais eléctricas.

Renault leva xa vendidos 7.893 Twizy en Europa en seis meses de comercialización e suma tamén 4.251 unidades do Kangoo ZE.

COCHE POLICIAL

O vehículo é tan versátil e competitivo que o Concello de Ávila elixiuno para as patrullas da Policía Local. O Twizy iniciou durante a pasada ponte do Pilar un periodo de probas cos axentes municipais con vistas a que este vehículo eléctrico de Renault poida incorporarse no futuro á flota da Policía.

Non serán os primeiros pois a Brigada de Bombeiros de Paris, a capital de Francia, xa se surtiu do Twizy para o seu uso en situacións de urxencias. Este veículo eléctrico que se fabrica na factoría de Valladolid, ten un custo que oscila entre os 4.500 e os 9.000 euros.

A entrada ao Salón do Coche Novo é gratuita, e as portas do recinto ferial estarán abertas, pola mañá desde as 10.30 ata as 14 horas; e pola tarde desde 16.30 ata as 21 horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar