Comisados 38 quilos de mariscos na ría de Muros-Noia.

A Conselleria do Mar comisou un total de 38,5 quilos de marisco e 68 nasas, dúas aixadas e unha galla, nun operativo desenvolvido por axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia o pasado martes nos portos de Cubelo, Caldebarcos, Carnota, O Pindo, Cee, Corcubión, Esposende e Fisterra.

Entre o marisco requisado había 30 quilos de centolla, catro quilos de ameixa, dous de nécora, 1,5 de congro, e un de croques. Todas estas especies foron devoltas ao mar nas zonas de comiso, detallou a Xunta nun comunicado.

A Consellería de Medio Rural e do Mar recordou que neste momento a centolla está en veda e permanecerá prohibida a súa extracción ata o próximo día 4 de novembro nas provincias de A Coruña e Pontevedra, e ata o día 2 de decembro, na provincia de Lugo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar