Comeza o novo curso da Escola de Gaitas de Ourense

A Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, dirixida por Xosé Lois Foxo, ven de iniciar o curso académico 2012-2013. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o día 31 de outubro. Na Escola poden estudarse as materias de gaita, canto popular con pandeireta, percusión e zanfona.

A Escola Provincial de Gaitas de Ourense é o viveiro da Real Banda de Gaitas, e gracias a ela fórmanse milleiros de gaiteiros non soio da Galicia Interior senón tamén do Exterior.

Os acordos e a colaboración con centros galegos en todo o mundo e con agrupacións musicais diversas, e tamén por suposto a presencia na Internet permiten potenciar unha labor divulgativa e formativa de gran dimensión.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar