Sin acordo sobre os debates políticos na TVG

Os representantes dos partidos políticos do arco parlamentario, PPdeG, PSdeG e BNG,  volveron a pospoñer as negociacións para a celebración de debates electorais na carreira cara ás urnas das galegas debido a que persisten as diferenzas sobre as datas e a orde das contendas, o que xa motivara o fin da reunión deste martes.

Segunda xuntanza entre os partidos na CRTVG

Así, á saída do encontro, que se prolongou durante algo máis dunha hora, sumándose ás máis de tres horas da reunión deste martes, Pablo García (PSdeG), Alfonso Rueda (PPdeG) e Montse Prado (BNG) explicaron que segue habendo diferenzas na colocación dos debates e en axustalo á audiencia.
En declaracións aos medios, Rueda culpou de novo ao PSdeG pola súa postura contraria a celebrar o debate entre o seu candidato e o do BNG o venres día 5, data para a cal non queren os populares o debate do aspirante á reelección, Alberto Núñez Feijóo, e do socialista Pachi Vázquez, xornada na  que coincidiría cun partido do Celta.
Os socialistas defenden abordar esta cuestión con «tempo» e «con normalidad» estas cuestións, e sinalan que «si os días fosen iguais» xa estarían de acordo, como dixo Pablo García. Pola súa banda, Montse Prado lamentou que «o PP e o PSOE estean poñendo condicións que parecen insalvables tanto para un como para outro» e que «estean convertendo o dereito (dos cidadáns) aos debates nun circo de tres pistas».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar