Pachi Vázquez xa é o candidato do PSOE á presidir a Xunta

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, foi proposto por aclamación como candidato á presidencia da Xunta pola executiva socialista que se reuniu hoxe. O secretario de Organización, Pablo García, que foi nomeado  coordinador de campaña, explicou que a candidatura de Vázquez será ratificada no Comité Nacional Galego do próximo sábado, no que intervirá Rubalcaba.

García deu conta dos acordos da Executiva celebrada hoxe, que incluíron a designación de Pachi Vázquez e o calendario para a aprobación das listas electorais, que comeza hoxe e rematará o próximo 11 de setembro coa aprobación definitiva na Comisión Federal do PSOE.

O proceso de elaboración, explicou, comezará o 31 de agosto co envío dos censos electorais, entre o 3 e o 6 terán lugar as asembleas municipais e o 7 de setembro xuntaranse as executivas provinciais para propoñer candidatos.

A continuación, o día 8 a Comisión Nacional de listas elaborará o ditame, o 9 terá lugar a Executiva Federal, ao día seguinte o Comité Nacional Galego aprobará o ditame de candidaturas e o 11 serán aprobadas finalmente pola Comisión Federal de Listas.

Pablo García explìcou que o proceso tivo que ser acurtado pero empregando os  “resortes e mecanismso legais e estatutarios previstos debido ao adianto electoral decidido polo presidente da Xunta, que foi “quen alterou o resultado”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o secretario de Organización do PSdeG-PSOE dixo que os socialistas galegos “non nos plantexamos outro escenario” que non sexa que a partires do 21 de outubro o PSdeG-PSOE goberne en Galicia”.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar