Os concellos coruñeses de Oza del Ríos e Cesuras inician a fusión

 

Os concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras, en senllos plenos municipais, aprobaron, cos votos a favor do PP e en contra do PSOE e BNG, o inicio do proxecto de fusión de ambos os dous concellos, que supón o primeiro paso para que a unión estea en funcionamentos «antes do novo ano», segundo apuntou o alcalde de Oza, Pablo González.

En declaracións a Europa Press, Pablo González defendeu a fusión, sinalando que achegaría beneficios aos veciños. «É mellor anticiparse ao que poida vir», comentou o rexedor popular quen defendeu a fusión ante as críticas da oposición, que pedía unha consulta popular, e afirmou que o nome do concello resultante da fusión será Oza-Cesuras.

«Todo o que suma nunca resta», apuntou González sobre a da fusión dos dous municipios coruñeses, que este xoves se aprobou de xeito inicial, e o seguinte trámite da cal consiste na apertura dun período de 30 días de exposición pública.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar