Códice Calixtino: 12 mil visitas en oito días

A exposición sobre o Códice Calixtino que alberga o Pazo de Xelmírez, en Santiago de Compostela, recibiu nos seus primeiros oito días de apertura máis de 12.000 visitas, segundo confirmou este venres a Fundación Catedral de Santiago.

A mostra, que se inaugurou o pasado 23 de agosto, acolleu ata este xoves o orixinal do Códice Calixtino, o que motivou que miles de persoas se achegasen a visitala. Dende este venres, a peza foi substituída por un facsímile.

En todo caso, o «Codice» será visitable en breve na Cidade da Cultura xunto con outros elementos de gran valor cedidos pola Igrexa que está en preparación pola Consellería de Cultura

A mostra Códice Calixtino explica os detalles deste valioso manuscrito do século XII e con ela preténdese achegar ao público o seu contido e a súa importancia como referente para a Peregrinación Jacobea.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar