50 nenos participan o domingo en Castrelo de Miño na festa da vela


O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da “Regata Copa Deputación Optimist de Vela” e da ”XV Concentración de Escolas de Vela”, eventos nos que participan as mellores escolas de vela de Galicia, e que reunirá dende mañá venres e ata o vindeiro domingo a máis de 50 nenos de entre 7 e 14 anos no embalse de Castrelo de Miño, acompañados de monitores, técnicos e familiares, na que será “unha gran festa da vela”. Así o dixo a presidenta do Club Náutico de Castrelo, Beatriz Alberta, quen estivo acompañada na presentación polo director desta instalación deportiva, Gabriel Fernández; polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e pola concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Maribel Rodríguez.

 

Beatriz Alberte explicou que a a concentración de escolas de vela “chega á súa 15 edición, o que amosa a consolidación e o apoio desta proba” e agradeceu especialmente a colaboración da Deputación de Ourense e o seu compromiso co deporte. Pola súa banda, Bernardino González dixo que a institución provincial “ten no deporte un referente, e especialmente no que atinxe ao deporte dirixido aos nenos, un eido que seguiremos apoiando, tanto nos deportes náuticos como tamén nas demais disciplinas deportivas”.

 

En total disputaranse sete probas, dúas das cales comenzarán mañá venres, a partires das 18.00 horas, para seguir o sábado, a partires das 17.00 horas, con 3 probas, e o domingo rematará a regata coa disputa dunha proba, para rematar ás 14.00 horas coa entrega de trofeos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar