Unidade arredor de Feijóo fronte as diferencias internas dos adversarios

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, salienta a unidade do partido arredor de Feijóo fronte a socialistas e nacionalistas que non queren a Vázquez e Jorquera de candidatos.

Trala reunión extraordinaria do Comité de Dirección do PPdeG celebrada para que o presidente explicase ao partido os motivos polos que convocar eleccións o 21 de outubro, Rueda fixo fincapé en que as razóns son básicamente de responsabilidade.

 

Primeiro Comité de Dirección do PPdeG tras o adianto electoal

Así, apuntou que se trata dunha cuestión de responsabilidade económica, para que o goberno que aprobe os orzamentos de 2013 teña catro anos por diante e non estea a piques de entrar nun ciclo «en funcións»; de responsabilidade política, para facilitar a unidade entre os distintos partidos que a incertidume sempre empaña; e institucional, ao facer coincidir as eleccións galegas coas vascas e non acaparar con dúas convocatorias electorais diferentes a atención dun país que debe estar centrado na economía.

Segundo Rueda, a España das autonomías non debe estar seis meses pendente de aprobación de listas, de escrutinios e de constitucións gobernamentais, polo que a decisión de Feijóo é xenerosa e leal con Galicia e co conxunto de España e supón renunciar a 130 días de lexislatura para darlle a España 720 días sen eleccións.

Por outra banda, o dirixente popular indicou que todo o PPdeG quere a Feijóo como cabeza de cartel pero fixo fincapé en que esta unión non existe no PSOE e no BNG, xa que non están plenamente satisfeitos co seu candidato.

Así, apuntou que non todos os nacionalistas queren que Jorquera sexa o candidato, por iso o BNG ten sufrido importantes baixas internas. En canto ao PSOE, afirmou que non todo o PSOE apoiaría a Vázquez como candidato xa que, de chegar a selo, será por ter aforrado o trago de enfrontarse a unhas primarias.

En calquera caso, o dirixente popular celebrou que tanto Jorquera como Vázquez estean satisfeitos coa convocatoria electoral e agarda que sexa porque lles convencen os argumentos esgrimidos por Feijóo e non polos seus propios intereses dentro de cadanseu partido.

Nesta liña, Rueda fixo fincapé en que quen non é capaz de poñer orde no seu propio partido non pode aspirar a gobernar unha comunidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar