Os trofeos da selección española, ao alcance dos ourensáns

 

 

O Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación exhibe ao público os tres trofeos recentemente gañados pola selección española de Fútbol: Eurocopa 2008, Mundial 2010 e Eurocopa 2012. Os trofeos expoñense  ao público en horario de 10.00 a 21.30 horas.

Previamente, tivo lugar no mesmo Centro Cultural o acto de recepción das copas, que contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do delegado en Ourense da Federación Galega de Fútbol, José Luis Cachaldora, xunto a outros directivos federativos.

Esta é a primeira vez que chegan a Ourense os tres trofeos máis importantes gañados pola Selección española de Fútbol, para que os visitantes poidan contemplalos e fotografarse con eles. Xa en 2011, cando a Deputación expuxo en Ourense a Copa do Mundo de Fútbol a resposta do público fora moi nutrida, e nesta ocasión a Deputación de Ourense porá, ademais, a disposición dos visitantes un libro de sinaturas para que quen o desexe poida deixar a súa testemuña de felicitación aos xogadores da Selección. O libro será posteriormente enviado á Real Federación Española de Fútbol como agasallo e mostra de aprezo dos ourensáns polos éxitos acadados pola Selección.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar