Exitoso concerto de Tom Jones na Quintana

 

Tom Jones respondeu á expectación creada polo seu concerto e non defraudou ao público que encheu a praza da Quintana malia a choiva. O artista galés agasallou aos asistentes cun concerto no que demostrou estar en plena forma e recuperado totalmente da afección respiratoria que lle impedira cantar durante as Festas do Apóstolo.

O cantante, na única cita en España da súa actual xira mundial, presentou ao público da Quintana, formado por espectadores de varias xeracións, os temas do seu último disco, Spirit in the room.

Pero sen dúbida, foron clásicos como «It’s Not Inusual», «Delilah» ou «Sex Bomb» os que a xente máis coreou e bailou con maior intensidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar