A suba do IVE colocará o litro de gasolina por riba dos 1,7 euros

A partir do sábado, 1 de setembro, a suba do IVE que grava a venda de hidrocarburos, que pasará do 18 % ao 21%, dará lugar a que o prezo do litro de gasolina se poida situar por riba dos 1,7 euros. Os últimos datos recollidos na enquisa que realiza o Ministerio de Industria revelan que xa hai dúas estacións de servizos en Andalucia cuxo prezo roza os 1,6 euros. O 70% das gasolineiras consultadas recoñecen que xa venden o litro de carburante por riba dos 1,5 euros. No caso do gasóleo, o prezo medio xa está por enriba dos 1,4 euros e xa hai establecementos nos que supera tamén os 1,5 euros.
Encher o depósito do coche estase a converter nun drama para os condutores que regresan das súas vacacións. Dende xullo o prezo da gasolina e do gasoleo subiron a prezos ata agora inconcibibles. Nesta suba interveñen a apreciación do dólar fronte o euro e a suba masiva de impostos.
Nesta situación é aconsellable consultar o prezo do combustible para cando se poida recorrer á estación máis barata, que en Galicia segue a ser a do hipermercado Alcampo en Ferrol.
O Ministerio de Industria ofrece a páxina oficial cos prezos actualizados de todas as gasolineiras de España en tempo real, unha axuda a ter en conta.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar