O comportamento da economía galega supera en tres décimas á nacional

A economía galega tivo un comportamento tres décimas mellor que a española en taxa interanual, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondentes ao segundo trimestre do presente exercicio.

Así, mentres o Produto Interior Bruto (PIB) autonómico de España caeu un 1,3% entre o segundo trimestre deste ano e do anterior, o de Galicia o fixo tan só nun 1%. Con este dato o Goberno galego confirma que a economía galega terá no conxunto do ano un comportamento mellor que a española.

Desta forma e tras coñecer os datos correspondentes á primeira metade do exercicio, o Goberno galego mantén a súa previsión de que o PIB galego será dúas décimas superior ao español, logo de que, trala revisión feita polo INE, no primeiro trimestre tamén tivese un comportamento interanual mellor que o español nunha décima, un -0,5% fronte ao -0,6% de media estatal.

Ademais, a evolución da economía galega de abril a xuño foi do -0,4%, o mesmo que a española.

No segundo trimestre de 2012, a achega da demanda en termos nacionais ao crecemento do PIB foi de -2,8 puntos porcentuais. O gasto en consumo final presenta un descenso do 1,9%, o apartado da formación bruta de capital rexistra un descenso do 5,9%, dúas décimas inferior ao do primeiro trimestre. Pola súa banda, a contribución do sector exterior é de 1,8 puntos porcentuais.

Dende a perspectiva da oferta, de abril a xuño as menores caídas corresponden ás ramas do sector primario e dos servizos, con tan só unha décima. Pola súa banda, a industria mitiga a súa caída seis décimas en relación al trimestre anterior, mentres que a construción a aumenta lixeiramente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar