A Mesa do sector lácteo aborda hoxe a grave discriminación económica dos productores galegos

A mesa do sector lácteo reunirá no Ministerio de Agricultura este martes, día 28, á industria, aos produtores e á distribución para abordar o problema do prezo do leite, que en Galicia caeu ata 28 céntimos por litro, por debaixo das medias estatal e europea.

O titular do ministerio, Miguel Arias Cañete, recibiu o pasado 16 de agosto en Madrid representantes do sindicato agrario UPA — entre os que acudiu o líder de Unións Agrarias Roberto García– e o 22 fixo o propio con membros de Asaja, con quen viaxou o secretario xeral de Xóvenes Agricultura, Francisco Bello.

Se hai 11 días Arias Cañete se comprometeu con UPA a convocar a mesa do leite, no encontro con Asaja do pasado mércores o ministro deu a coñecer a data da cita, prevista para este martes 28 de agosto.

Esta convocatoria prodúcese cando as tres organizacións sindicais galegas — UU.AA., XX.AA. e SLG– desenvolven unha campaña de mobilizacións en bisbarras en que o sector ten un peso relevante para o emprego.

Así, o propio mércores 22, entorno a un millar de gandeiros protestaron polas rúas de Chantada (Lugo) e advertiron dun agravamento nos seus actos de non se acreditar un incremento dos prezos que reciben as explotacións no que queda de agosto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar