A Garda Civil descobre unha plantación de marihuana en Bueu

Tres persoas, E.V.M. de 45 anos, R.E.V. de 52 anos e S.E.V. de 54 anos, foron detidas este venres e incautada un total de 92 plantas de marihuana no municipio pontevedrés de Bueu, segundo informa a Garda Civil de Pontevedra.

Parte da marihuana incautada

Axentes do instituto armado localizaron unha plantación de marihuana no municipio de Bueu, e detiveron aos presuntos responsables, tres veciños do referido municipio que se atopaban no interior dunha autocaravana, aos que se lles imputou a presunta comisión dun delito contra a saúde pública (cultivo e distribución de marihuana).
A plantación atopaba repartida en varias parcelas do circundado dunha vivenda na parroquia de Meiro, camuflada entre o resto da vexetación.
Durante a inspección do terreo, a Garda Civil puido localizar algunhas plantas que se atopaban en proceso de secado no interior dun hórreo e dunha caseta. En total aprehendéronse 92 plantas de marihuana que botaron un peso aproximado de 80 Kgs.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar