Suben as afiliacións á Seguridade Social no turismo

O número de afiliacións á Seguridade Social en actividades relacionadas co turismo acadou no pasado mes de xullo deste ano un total de 76.902, 51.394 segundo o réxime xeral e 25.508 segundo o réxime de autónomos, que representan o 8,05% do total de afiliacións á Seguridade Social en Galicia.

A variación do número de afiliacións supón, respecto ao mes anterior, unha suba do 6,74%, concretamente o 9,59% para o réxime xeral e o 1,43% no caso do réxime de autónomos, o que indica un total de 4.858 afiliacións máis en actividades turísticas respecto do mes anterior, suma do ascenso en 4.498 persoas no réxime xeral e o aumento en 360 afiliados no réxime de autónomos.

Por ramas de actividade, aquela que amosa un maior peso é a de servizos de comidas e bebidas, con 64.359 persoas (40.795 segundo o réxime xeral e 23.564 segundo o de autónomos), que ademais significa un 83,69% do total de afiliacións en actividades turísticas.

No caso dos servizos de aloxamento rexistrouse un total de 10.928 afiliacións (9.413 segundo o réxime xeral e 1.515 baixo o réxime de autónomos), o que representa un 14,21% do total de afiliacións nas ramas turísticas.

As afiliacións en actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes foron 1.615 (1.186 segundo a modalidade de réxime xeral e 429 segundo a de autónomos), cun peso do 2,10% sobre as afiliacións nas ramas turísticas.

As afiliacións nas actividades turísticas da comunidade galega representaron neste mes de xuño o 5,28% do total da afiliación neste tipo de actividades en España, por detrás do peso de Cataluña, Andalucía, Madrid, Valencia,Baleares e Canarias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar