Abre a exposición do Códice Calixtino, «esencial na cultura xacobea»

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración da exposición Códice Calixtino, que se abre ao público no Pazo de Xelmírez ata o 31 de decembro.

Así cómpre recordar que desde hoxe e ata o vindeiro domingo 26 os visitantes poderán ver o exemplar orixinal do Códice, posteriormente o orixinal será substituído por un fascímil. A exposición, organizada polo Museo da Catedral de Santiago, está composta por oito paneis explicativos, nos que tamén se expoñen réplicas do Códice Calixtino de diferentes épocas da nosa historia, a través dos cales se realiza unha análise completa das diferentes partes do documento histórico.

No acto de apertura participaron o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; o deán de la Catedral de Santiago, José María Díaz Fernández; e o delegado do Goberno, Samuel Juárez. Durante a súa intervención o conselleiro afirmou que esta exposición “permitirá achegar a un amplo número de persoas as complexidades e segredos dunha das pezas mestras do patrimonio bibliográfico mundial”, ao que engadiu que “o Códice Calixtino é parte esencial da construción da cultura xacobea e da nosa identidade como pobo, algo que ninguén debe arrebatarnos, algo que cómpre conservar como realidade patrimonial que configura a memoria colectiva, por suposto de Santiago e Galicia, pero tamén de España e de Europa. Pois o Códice Calixtino é tamén xermolo da historia da idea de Europa, unha realidade que afunde parte das súas raíces nos vellos Camiños que conducen a Compostela”.

Do mesmo xeito Vázquez Abad resaltou que “animo a todo o mundo a visitar esta mostra, para admirar a beleza e comprender mellor unha peza única, que atravesou séculos de historia para chegar, incólume, ata nós”.

A MOSTRA

O Códice Calixtino, datado no século XII, é un referente para a peregrinación xacobea, sendo a primeira Guía do Peregrino con consellos, descricións de lugares e obras de arte que se poden contemplar ao longo do Camiño, así como de costumes locais das xentes. Así ao prólogo, con forma de bula pontificia concedida polo Papa Calixto II, lle seguen cinco libros: Litúrxico, que ocupa las tres cartas da totalidade; Narracións miragosas, con 22 do Apóstolo Santiago; Traslación do Corpo do Apóstolo Santiago desde Xerusalén ata Compostela; Libro de Turpín ou lenda de Carlomagno, en referencia os descubrimento da tumba do Apóstolo; e Guía da Peregrinación. Ademais o Apéndice constitúe o conxunto polifónico máis rico e antigo de España e, en algúns aspectos, de Europa.

 

PLAN DIRECTOR

Asemade, os visitantes que se acudan ao Palacio de Xelmírez tamén poderán visitar na Sala de Armas a mostra A Catedral de Santiago, corazón de Compostela, na que se detallan os aspectos do Plan Director da basílica. Neste espazo se explica a situación arquitectónica da Catedral e a restauración programada. Unha mostra acompañada por elementos audiovisuais, como unha singular maqueta na que se poden observar os diferentes estilos artísticos da Catedral.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar