Estabilizado o incendio de León que calcinou 10.000 hectáreas

O incendio declarado o domingo ao mediodía no municipio leonés de Catrocontrigo atópase nestes momentos estabilizado. Sen embargo, as complexas  condicións meteorolóxicas debidas á sahariana situadano ceo poden provocar un cambio de evolución en calquera momento.

A tripulación do helicóptero coordinador fixo unha nova estimación aérea de perímetro calculando unha superficie calcinada de en torno a 10.000 hectáreas ata o momento.

O operativo despregado  nestes momentos está formado por unhas 600 persoas. Nestes momentos atópanse na zona 26 medios aéreos de extinción e tres aeronaves de coordinación, 14 técnicos, 19 axentes medioambientales, 13 cuadrillas helitransportadas, 19 cuadrillas de terra, 13 autobombas, 14 bulldozer, e seis unidades da Unidade Militar de Urxencias (UME).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar