Chinés, árabe e rumano, os máis falados na atención a vítimas de violencia de xénero

A Secretaría Xeral de Igualdade indicou que o chinés mandarín, o árabe e o rumano son os idiomas máis demandados no servizo de teletradución instalado nos centros de información á muller, nas casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e nas entidades e organizacións non gobernamentais que desenvolven a súa actividade neste ámbito.

Así o explicou nun comunicado, no que detallou que, en total, son 70 as entidades que xa incorporan este sistema ofrecido sen custo pola Xunta para mellorar a atención e acceso das mulleres inmigrantes aos recursos dispoñibles.

Durante os seis primeiros meses deste ano, o servizo, iniciado o pasado mes de setembro, 82 usuarias fixeron uso del.

Foron maioritariamente mulleres inmigrantes residentes na Coruña as que se comunicaron a través da teletraducción, un total de 50; seguidas de residentes en Pontevedra, onde se contabilizaron 18 usuarias; Lugo con 10 usuarios e Ourense, con catro.

QUINCE IDIOMAS

En concreto, foi demanda atención en 15 idiomas diferentes. Ademais dos tres citados, tamén se atendeu en wolof, polaco, chinés cantonés, inglés, tailandés e marroquí, entre outros, do total de 51 idiomas dispoñibles no sistema.

O cómputo total do tempo das conversas mantido nas diferentes leguas supera as 25 horas neste periodo. Entre outras actuacións, a Xunta explicou que o sistema foi determinante nunha recente operación de desarticulación de redes de inmigración ilegal e trata de seres humanos en Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar