Unha vida de compromiso galeguista

Avelino Pousa Antelo, nado en A Baña o 14 de maio de 2012, foi un mestre, agrarista, político e escritor galego e mais presidente da Fundación Castelao, segun detalla a Galipedia, a versión galega de Wikipedia.

Naceu na aldea da súa nai, namentres que seu pai, comerciante itinerante, procedía do Carballiño Estudou no seminario de Santiago de Compostela cinco anos]. Pousa Antelo asitiu o 10 de maio de 193 ao mitin de promoción galega que se realizou no Teatro Principal de Santiago e no que participaron os principais líderes galeguistas, segundo as súas propias declaración ese feito, e en especial o discurso de Castelao, marcouno politicamente, achegándose ao galeguismo. Así quedou de manifesto no fondo videográfico da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Tras saír do seminario ingresou na Escola Normal para realizar estudos de maxisterio, ao tempo que militaba nas Mocidades Galeguistas e comezaba a escribir os seus primeiros artigos para La Voz de Barcala.

Guerra e posguerra

Preparaba oposicións de maxisterio comezou a Guerra Civil, o que lle impedíu facerse cunha praza ao anular o réxime franquista as oposicións. Estudou na Misión biolóxica de Galicia  e desde 1948 dirixiu a Escola Agrícola de Granxa Barreiros,  na que se organizaba cursiños de formación agropecuaria para mestres do rural. Entre 1955 e 1960 foi mestre e Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabido Insular na Orotava, en Tenerife

En 1960 traballou por un curto período de tempo en Galicia para unha empresa de semente ata que obtivo un traballo en Zaragoza como director dunha empresa cooperativa gandeira. En 1970 volve a Galicia como mestre en Pontecesures.

Coa morte de Franco Pousa Antelo sumouse ás iniciativas para revivir o vello Partido Galeguista e no 1978 participou na constitución da organización da que foi elixido secretario xeral e pouco despois presidente ata 1983. Participou na constitución e foi un dos principais artífices do Patronato do Pedrón de Ouro.

 

Recoñecementos

En 1963 obtén o Premio Xornalístico” Ramón Mourente” de temas agrarios. Un ano máis tarde, o premio «Luís Sánchez Harguindey», tamén de temas agrarios. A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias outórgalle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas.

Foi nomeado Padriño de Honra da primeira promoción de diplomados da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (1999) e da promoción de 2002 da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (UVI). En 2000, a Universidade Compostelá outorgoulle a súa Insignia de Ouro. No 2010  obtivo o Premio “Galiza Mártir” da Fundación “Alexandre Bóveda”, que celebrou de novo o aniversario do fusilamento o pasado venres, 17 de agosto.

Obra en galego

Ensaio

  • Temas de agricultura , Lugo, edición do autor, 1951.
  • Estudo dunha cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquial rural galega, Vigo, Galaxia, 1968.
  • ¿Valen ou non as cooperativas de esplotación comunitaria para o campo galego?, Vigo, Galaxia, 1971.
  • Reforma das estruturas agrarias de Galicia, A Coruña, Cámara de Comercio, 1973.
  • A escola agrícola da granxa Barreiros, Sada, Edicións do Castro, 1988.
  • Fiestra, Santiago de Compostela, Editorial Compostela, 1992.
  • Galicia, tarefa urxente, Barcelona, Sotelo Blanco, 1992.
  • O entroido en Perruscallos, Silleda, 2002.

Literatura infanto-xuvenil

  • O entroido en Perruscallos, A Estrada, Fervenza, 2002.

Conversas

  • Conversas con Avelino Pousa Antelo: memorias dun galego inconformista, con X. Amancio Liñares Giraut, Sada, Edicións do Castro, 1991.

Obras colectivas

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar