Pecha a 55 edición de «Música en Compostela»

 

O ex presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, e os  concelleiros de Santiago Amelia González e Albino Vázquez participaron no Hostal dos Reis Católicos no acto de clausura do Curso Universitario Internacional Música en Compostela. Oitenta e oito alumnos e alumnas de diferentes países participaron nesta edición número 55 do Curso, marcada pola lembranza do que fora o seu director dende os comezos, Antonio Iglesias, falecido en outubro de 2011. Nesta convocatoria fíxose cargo da dirección Agustín León Lara.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Alumnos de diversos países do mundo acoden cada verán a estas prestixiosas xornadas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar