A Garda Civil detecta menos tráfico nas estradas galegas por mor da crise

O tenente coronel José Hermida, xefe da Garda Civil de Tráfico en Galicia, asegurou que as estradas galegas na súa totalidade, e non só as autopistas, detectaron unha «baixada na intensidade circulatoria», algo que atribúe á crise económica.

Nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España, recollida por Europa Press, José Hermida admitiu a baixada no número de coches que a diario circulan polas vías galegas por mor da situación económica, tanto polo prezo dos combustibles como por que «moita xente está no paro». Este motivo, destacou, estaría influíndo tamén na «baixada da siniestralidad».

Tras recordar o descenso de sinistros, Hermida sinalou que cada vez se vai facendo máis difícil baixar as cifras» de accidentes, aínda que «aínda hai marxe», sobre todo no ámbito do consumo de alcohol, presente –en cantidades sancionables– en dous terzos das vítimas de accidentes.

Segundo o xefe territorial da DGT, o «ideal» sería chegar a un punto de «alcohol cero» ao volante, aínda que isto viuno «difícil de alcanzar». «De momento, daríame como satisfeito con que ninguén dese positivo coa taxa que temos actualmente», sentenciou.

Sobre a velocidade máxima, un tema «moi controvertido», Hermida apostou por «adaptar a velocidade de condución ás condicións climatológicas e da vía», aínda que recordou que «a menor velocidade, as consecuencias dos accidentes son menos graves».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar