No aniversario da morte de Bóveda, o BNG considérao referente da sua política

Homanexe a Alexandre Bóveda na Caeira, con membros da sua familia e dirixentes do Bloque

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, mostrouse convencido no aniversario do fusilamento do galeguista Alexandre Bóveda, de que hoxe coincidira coa posición do Bloque en defensa do modelo de banca pública.

Para Guillerme Vázquez a saída para esta situación social de crise pasa por unha autonomía de goberno que outorgue «maior capacidade de decisión para Galicia fronte a Bruxelas e Madrid».

Unha nutrida representación de políticos nacionalistas, encabezados polo voceiro nacional do BNG, participou este venres nos actos do Día da Galiza Mártir, na Caeira, en Pontevedra cunha homenaxe ao galeguista Alexandre Bóveda.

 

 

Neste contexto Vázquez, tras recordar que Bóveda foi un dos fundadores da Caixa de aforros de Pontevedra, sinalou que segue sin haber unha solución para a estafa das preferentes. «Abonda xa de tomaduras de pelo», dixo o líder nacionalista, que esixiu unha «solución política» a este problema e que devolva aos afectados o seu diñeiro».

 

«Alexandre Bóveda estaría hoxe asombrado porque el impulsou un modelo de entidade financeira pública que nós defendemos e que está a desaparecer por decisión da Gran Banca e do Fondo Monetario Internacional», declarou o voceiro nacionalista.

Ademais, Vázquez insistiu en que «as decisións e a conivencia por parte do Goberno galego fan camiñar irremediablemente á practicamente desaparecida caixa galega á expatriación do aforro galego».

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar