Sete comunidades crean os ‘Museos de Ciencia Ruta Norte’

Trece museos científicos, entre eles o MUNCYT A Coruña e Museos Científicos Coruñeses (=mc2),  crearon ‘Museos de Ciencia Ruta norte’ que ten como obxectivo divulgar a ciencia e a tecnoloxía máis aló das súas fronteiras.

Os 13 membros iniciais deste proxecto aspiran a converterse nunha «senda alternativa» polo norte de España e a ser un referente no desenvolvemento de actividades comúns de divulgación científica.

Ademais dos referidos museos coruñeses, tamén están nesta iniciativa Arkeologi Museoa Bilbao, Ene.Museo Nacional da Enerxía de Ponferrada, Museo da Evolución Humana de Burgos e Yacimientos de Atapuerca, Museo da Ciencia de Valladolid, Planetario de Pamplona, Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira, Museo do Jurásico de Asturias, Centro de Arte Rupestre de Perico Bustillo, Parque da Prehistoria de Teverga, Museo da Siderurgia e Minería de Sabero e a Casa das Ciencias de Logroño forman «un proxecto único e innovador» que ofrecerá multitude formas de gozar da ciencia.

O primeiro paso é a creación dunha páxina común na rede social Facebook onde polo momento publicarán as principais actividades de cada un destes museos situados en Galicia, Asturias, Castilla e León, Cantabria, País Vasco, A Rioja e Navarra. A dirección web deste novo espazo é http://www.facebook.com/MuseosCienciaRutaNorte

A primeira reunión deste grupo de traballo tivo lugar no Museo da Evolución Humana de Burgos, e congregou o pasado mes de xuño a responsables de comunicación e promoción destes centros, que ademais de coordinar a difusión de actividades e a colaboración entre museos, no encontro tratouse a posibilidade do intercambio de talleres, a interacción entre os Amigos das diferentes institucións ou a creación unha tarxeta común para o público que acuda a estes espazos museísticos.

Aínda que ‘Museos de Ciencia Ruta Norte’ conta na actualidade con 13 membros, non está pechada a porta á incorporación de máis institucións que compartan os mesmos obxectivos que o proxecto recentemente fundado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar