O 061 asistíu esta fín de semana 63 accidentes, un deles mortal

 

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a un total de 86 persoas debido a 63 accidentes de tráfico que tiveron lugar esta fin de semana en Galicia, entre o venres ás 15.00 horas e o domingo ás 23.59 horas. O maior número de sinistros rexistrouse o sábado, con 30.

Entre os sucesos salienta o que tivo lugar na localidade pontevedresa de Covelo, no que morreu una muller de 85 polo impacto dunha colisión dun coche cun cabalo.

A Central de Coordinación recibiu neste período 77 chamadas en relación a accidentes de tráfico que xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal sanitario.

 

Para iso, mobilizáronse un total de 96 recursos, de maneira que o helicóptero medicalizado asistiu a tres accidentes; as ambulancias medicalizada acudiu a 12 sinistros; as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 69 casos; as convencionais, en dous; e os médicos de atención primaria prestaron asistencia en 10 casos.

En 70 casos, os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes; cinco persoas acudiron a un centro de atención primaria; outros dez foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa falleción no lugar do accidente.

Por provincias, A Coruña rexistrou o maior número de accidenetes, cun total de 28; seguida de Pontevedra, con 20, Lugo, con oito; e Ourense, cun total de sete. O 61 por cento dos atendidos correspóndese con varóns e o 40 por cento con persoas de entre 15 e 39 anos de idade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar