Medalla de Ouro en Vela para as galegas Echegoyen e Touro Prieto

Sofia Touro, Tamara Echegoyen e Ángela Pumariega

O equipo español de vela, composto polas galegas Támara Echegoyen e Sofía Touro Prieto, ademáis da asturiana Ángela Pumariega, conseguíu a medalla de ouro dos Xogos Olímpicos de Londres tras impoñerse na final (3-2) ao conxunto australiano, formado por Olivia Price, Nina Curtis e Lucinda Whitty, polo que suma o terceiro ouro da delegación española e a decimoquinta distinción.

Desta forma, a delegación española en vela abandoa dos Xogos  con dúas medallas de ouro e segue manténdose como o deporte que máis deu a España na historia. Ademais, a embarcación capitaneada por Echegoyen suma a decimoquinta medalla de España nestas Olimpiadas, a terceira de ouro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar