Rueda comprométese en Leiro cos concellos de menor poboación

O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o concello ourensán de Leiro para inaugurar a súa casa consistorial, que vén de ser remodelada. O conselleiro estivo acompañado durante a súa visita polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o rexedor da localidade, Francisco José Fernández, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

O Casa do Concello recibiu unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local pola que se lle achegaron 73.000 euros destinados a súa reforma e acondicionamento. As obras centráronse fundamentalmente na mellora da accesibilidade ao edificio e na ampliación do Salón de Plenos, cuxo espazo resultaba insuficiente.

Rueda manifestou ocompromiso da Xunta cos pequenos concellos, como é o caso de Leiro -cuns 1.800 veciños-, así como co reequilibrio territorial e cos concellos de menor tamaño; a través de medidas como o Fondo de Compensación Ambiental, que permitiu a moitos destes concellos contar cuns ingresos extras moi necesarios.

É o caso de Leiro, que ademais é un exemplo paradigmático dunha das grandes apostas do Goberno galego nesta lexislatura: a cooperación entre concellos para conseguir mellores servizos; posto que o seu alcalde é o presidente da Mancomunidade do Ribeiro. Este ente, ademais de Leiro, comprende os concellos de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Melón e Ribadavia.

 

A Xunta está a primar a aqueles concellos que compartan servizos e boa mostra deste compromiso é o feito de que en 2012 ao redor da metade das subvencións dirixidas aos entes locais priman estas unións á hora de outorgar fondos. O mesmo criterio aplicarase por primeira vez este ano cos proxectos de cooperación municipal que se presentes ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental.

O obxectivo destas e doutras medidas do Goberno galego encamiñadas nese sentido é que os concellos poidan ofrecer os mellores servizos aos seus veciños, como os que se lle ofrecerán a través da novas instalacións municipais que hoxe se inauguran en Leiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar