Novo record Guinnes do pulpo do Carballiño

A máis grande ración de pulpo ata agora imaxinable converteuse en realidade na Praza Maior do Carballiño, onde numerosas pulpeiras de Arcos traballaron con intensidade para superar o record do Guiness que xa estaba en poder do propio colectivo.
Era o terceiro ano e conseguíuse o obxectivo. Non podía ser de outro xeito ao presentarse ante o público e ante o notario que levantou acta un macrorración de pulpo no tradicional prato de madeira só que dun diámetro de 3,20 metros, que contiña 250 kilos do popular cefalópodo, adecuadamente picados e salpimentados, gracias ao traballo realizado polos técnicos municipais do Concello que preside Arximiro Marnotes.
Despois das formalidades, do prato xigante saíron douas mil tapas de pobo á feira que foron repartidos entre os asistentes.

O Carballiño vive con numerosas actividades lúdidas os prolegómenos da máis tradicional de cantas festas gastronómicas ten o calendario de verán en Galicia e que terá o seu día grande, coma sempre -e ovos a Santa Clara de por medio- este domingo,12, no parque municipal e na sua 50 edición.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar