Feijó apoia a asociación de discapacitados «Aspronaga» posando para eles

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou recentemente nunha sesión de fotos para apoiar as iniciativas da Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga).

As fotos foron realizadas no despacho do responsable do Goberno galego, en San Caetano, por dous fotógrafos de Nos Why Not?, unha axencia de fotógrafos con discapacidade intelectual. Durante a sesión, que durou preto de media hora, Feijóo conversou con ambos os dous fotógrafos e interesouse polo traballo que están a desenvolver.

Nos Why Not? é un proxecto innovador no que Aspronaga colabora de maneira moi especial agrupando a persoas con discapacidade intelectual para que aprendan e traballen a fotografía profesional.

 

O obxectivo é integrar a fotografía no mundo da discapacidade intelectual, coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida abrindo unha dobre porta: a integración laboral e a oportunidade de disfrutar dunha nova afección. Facer que as persoas con discapacidade gañen máis autoestima a través da fotografía e incluso podan dedicarse a ela profesionalmente.

Aspronaga é unha asociación non lucrativa que ten como misión contribuír a mellorar a calidade de vida de cada persoa con discapacidade intelectual mediante a prestación de apoios e a reivindicación dos seus dereitos.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar