A Feira do Libro da Coruña alcanza os 41 anos

 

A Feira do Libro da Coruña, como cada ano, nos Xardíns de Méndez Núñez

A XLI edición da Feira do Libro da Coruña prosegue achegando a mellor literatura aos Xardíns de Méndez Núñez, ata o venres 10 de agosto.

As actividades do evento son continuas. Obradoiros e atraccións para os pícaros, música, presentacións e sinaturas de exemplares forman parte do seu programa para estas xornadas.

O seu horario é mañás de 11:00 a 14:00 horas;  e seráns, de 18:00 a 22:00 horas. Os volumes á venda nas casetas contan cun 10% de desconto e realízanse sorteos diarios de exemplares.

Conta tamén exposición fotográfica “No país das vacas” de Xurxo Lobato a carón da carpa de actividades. Ademais, tamén hai lugar para a fotografía histórica coa “Fotografía Minuteira”, a cargo do artista fotógrafo Ángel Borrué.

 

 

ACTIVIDADES

 

Hoxe, martes,  o tempo para os cativos estará cargo de Rony Macarroni.  Contacontos e xogos interactivos con Matopeias ounonmatopeias? A historia dun cabaleiro andante (sen cabalo) máis poeta que guerreiro, que loita con onomatopeias, dende as 12:30.

As 18:30,  o      escritor Lur Sotuela asinará exemplares do seu libro Crónicas de lo imposible, publicado por Editorial Eneida.  O autor fará unha pequena lectura  de contos escollidos.

Dende as 19:00   presentarase Os señores da mentira, de José Carlos Bermejo Barrera, publicado por Edicións Lóstrego. Xosé Ramón Barreiro Fernández asinará exemplares do seu libro Murguía (Galaxia) ás 19:30.

A partires das 20:00 horas coñeceranse os detalles de Esperando ao leiteiro, de Xosé Neira Vilas. Participará xunto co autor, Víctor Freixanes, director xeral da editorial e a actriz Isabel Martínez Risco lerá algúns fragmentos do libro.

A escritora Valeria Palombini asinará exemplares do seu libro Palabras por Ángel (Punto Rojo Libros) ás 20:30

Tamén ás 20.30, na Fundación Caixa Galicia e co patrocinio do  Ámbito Cultural de El Corte Inglés, chegará a mesa .   Hijos de Mary SheelleyRelato.  Participan nela os escritores  Alberto Escabias Shone, Raquel Lanseros, Cristina Fallarás e Vanessa Monfort, coa coordinación de Fernando Marías.

Xa ás 21.00, a última presentación do martes será a de 100 anos do himno de Galicia, de Xosé Neira Vilas (Edicións Embora).

O mércores día 8 volverán os xogos interactivos para pícaros a cargo de Rony Macarroni ás 12:30. A historia de Rata “o Pirrata” será todo un casting e cursiño de piratas cun capitán moi botado para adiante e divertido.

Ás 19:00 horas, presentación de Un fantasma perfecto (coa participación, xunto co autor, de Olga Patiño e  Xosé Mª Paz Gago.  Música:  Xosé Taboada,  frauta e saxo e  Paco Campos,   guitarra e voz)  e Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega,  edición de  Antonino Nieto Rodríguez  (coa participación de Luz Pozo Garza, Ánxeles Penas, Olga Patiño, Xosé Mª Paz Gago, Xulio L. Valcárcel e Eva Veiga).  Os libros están  publicados por Editorial Endimón Poesía. Ao remate do acto, Nieto Rodríguez asinará exemplares dos seus libros.

O escritor François Pérez Ayrault asinará exemplares da súa novela Anochecer en el puerto, publicada por INFOVA Ediciones, na súa colección HOLO de narrativa, dende as 19:30.

 

Ás 20:00 horas será a vez para coñecermos o libro Verde Oliva, de Xavier Alcalá, publicado por Editorial Galaxia. A carón do autor estarán Vicente Araguas, Tati Mancebo e Víctor Freixanes.

A escritora Ana Julia Martínez Fariña asinará exemplares dos seus libros El sueño de la medusa, publicado por Ediciones Hontanar e Trazado en diagonal, publicado por Ediciones Atlantis, dende as 20:30 horas.

A última presentación do mércores será ás 21:00 horas. Trátase da novela O alento nas costas, de Natalia Carou Silvar, con ilustracións   de Carlos Silvar e publicado por Baía Edicións.  Xunto coa autora do libro, participarán o escritor e dinamizador sociocultural Xurxo Souto e Belén López Vázquez, directora da editorial.

O xoves día 9, ás 12:30 chegará o momento de Yumartemalabar. Un espectáculo para todos os públicos. Un anaco de ilusión, arte e sorpresa cos xogos malabares.

Xa pola tarde, dende as 18:30, o escritor Elías Prada Galán asinará exemplares de El piano cuántico, publicado por Ediciones Libertarias Prodhufi.

Ás 19:00 presentarase a editorial Galebook e os seus libros As trovas de Midas, de Diana Varela Puñal e O pitiño revolucionario, de Xulio L. Valcárcel.

A escritora Sonia Iglesias asinará exemplares dos seus libros Rosas en el cielo (Editorial Anubis) e La habitación de piedra (Editorial Gruplobher), dende as 19:30.

O país adormentado, de Xabier P. DoCampo amosarase ás 20:00. Xunto co autor estará Manuel Bragado

Dende as 20:30, Darío Vilas asinará exemplares de Instinto de superviviente publicado pola editorial Dolmen, na súa colección Antología Z.

 A partires das 20:45 chegará a presentación do libro Atl, Premio  Blanco Amor 2011, do escritor Manuel Lourenzo González  e publicado por Xerais. Xunto co autor estará Manuel Bragado.

O meu primeiro Celso Emilio, de Xiana e Xosé Lastra (Xerais) amosarase dende as 21:15. Os autores e Manuel Bragado estarán acompañados de  varios dos músicos participantes no libro.

 

 

 ÚLTIMA XORNADA

A Feira Infantil das 12:30 estará a cargo de Xacarandaina. Obradoiro de Baile tradicional. Un achegamento ao baile tradicional dun xeito entretido, didáctico e participativo.

Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full, publicado pola editorial Redelibros, presentarase ás 19:30 horas. A carón de Sacha Full estará o editor Fran Zabaleta.

Ás 20:15 presentarase o libro Medievalario, de Fran Zabaleta (Redelibros). Estarán o o autor e Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.

A partires das 20:30 chegará a mesa redonda “Segredos da novela histórica”. Participan: Marcos Calveiro (Settecento. Edicións Xerais), Pere Tobaruela (Poñente. Xerais) e Fran Zabaleta (Medievalario. Editorial Redelibros).

Ao remate do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.

 

 

 

 

 

 

Librarías Participantes

 

A listaxe dos postos na 41 Feira do Libro da Coruña conta con: M. Couceiro Librerías (A Coruña); Libraría Lector Nóbel (Burela); Eneida Editorial; El Faro de los Tres Mundos (Lugo); Libraría Roget (Vimianzo); IGN-CGIC; Libraría 7 mares Libros; Libraría A Gata Tola (Santiago); Hércules de Ediciones; Libraría Cartabón (Vigo); Libraría Nós (A Coruña); Editorial Galaxia; Libros para Soña (Vigo); Libraría Pedreira (Santiago); A Serpe Edicións; Libraría Formatos (A Coruña); Libraría Brea (Betanzos); Gran Enciclopedia Galega; Libraría Xiada (A Coruña); Libraría Avir (A Coruña); Volumen Cultural; Libraría Alita Cómics (A Coruña); Libraría Cao (Pontevedra); Asociación de Editores de Madrid; Libraría Aenea (Santiago); Libraría Kómic (Santiago); M. Moleiro Editor; Áncora Libraría (A Coruña); Libraría Metropoliscomics (Ferrol); Ediciones del Viento / Rey Lear; Ler Librerías (A Pobra do Caramiñal); Libraría Cascanueces (A Coruña); Consorcio Editorial Galego; Libraría Arenas (A Coruña); Tanxencias Cómics (A Coruña); Editorial Tambre – Edelvives; Libraría Molist (A Coruña); Libraría Couceiro (A Coruña); Editorial Millennium Liber; e a Libraría Nobel Universal (A Coruña).

 

A Federación de Libreiros de Galicia, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza a xeira de feiras do libro. Colaboran o Concello da Coruña, a concellería de Cultura,  a Deputación Provincial da Coruña, a Fundación Novagalicia e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés. A Coruña é a sexta etapa, despois das de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo; tras ela chegará a quenda de Viveiro, entre o 13 e o 16 de agosto.

 

A Comisión de Honra da Feira conta con Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Carlos Negreira Souto, alcalde da Coruña; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura; Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia; e Xosé Antón Pedreira Mirás, vicepresidente da Federación de Libreiros.

 

Na Comisión técnica toman parte Pilar Rodríguez Álvarez e Antonio Fernández Maira.  A dirección técnica é de Juan Carlos Sanmiguel Sexto

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar